Memory Climático

Unha vez que xa traballamos o vocabulario relativo ao clima para afianzalo elaboramos un memory na área de plástica. Coa axuda da mestra de AL e a titora primeiro seleccionamos as imaxes, logo tiveron que pintalas e recortadas para finalmente plastificalas.
Con esta actividade preténsese aumentar o seu coñecemento sobre os conceptos do clima e do tempo e desenvolver a súa linguaxe oral.
Segundo vaian dominado máis léxico podemos ir aumentanto o número de parellas dispostas na mesa e engadir variantes ao xogo coma por exemplo: dicir unha oración coas palabras das parellas que atopen, contar o número de sílabas das palabras que representan as imaxes...
Xogar ao memory favorece os procesos cognitivos básicos: percepción, atención e memoria.

Axuda e favorece a que os nenos e nenas se consigan manter un nivel maior de concentración no que están a facer.
Fomenta o desenvolvemento da linguaxe oral, xa que nos permite utilizar vocabulario novo en relación ao conxunto de imaxes que estamos a utilizar no memory.
Así de ben o pasaron os nenos e nenas de 2ºB!!!







Comentarios

Entradas populares de este blog

Xeo

Espazo do tempo (taboleiro atmosférico)

A lenda do arco da vella