Entradas

Mostrando entradas de enero, 2020

A lenda do arco da vella

Na aula de 5º estivemos traballando as lendas. Neste pequeno vídeo, contámosvos unha pequena historia sobre o arco da vella . Ten unha mensaxe moi fermosa para un día coma hoxe: 30 de xaneiro.

Descubrindo o cambio climático

Imagen
O alumnos de 3º A viaxamos ata a aula de informática do noso cole para indagar un pouquiño no concepto do cambio climático. Atopamos moreas de información, dende as súas causas, as súas consecuencias ata posibles solucións. Continuaremos aprendendo...

Aclimátate na biblioteca

Imagen
Para completar a información buscada na aula de informática sobre o cambio climático, a aula de 3°B acudiu á biblioteca para investigar nos libros da exposición Aclimátate. Alí atoparon unha chea de cousas para comezar a preparar os seus traballos

Buscando información sobre o cambio climático

Imagen
A semana pasada a clase de 3ºB,  despois de facer unha chuvia de ideas falando do que queríamos saber do cambio climático, achegámonos ata a aula de informática para investigar sobre os aspectos máis recurrentes dos que falaban os propios alumnos. Entre eles, que é o cambio climático, por que se produce, que consecuencias ten, cal será o futuro da nosa Terra, etc. Os nenos e nenas atoparon cousas moi interesantes pero aínda queda moito camiño por percorrer. Voltaremos para ir completando as nosas informacións! 

O vento é o aire en movemento

Imagen
Nesta última semana recibimos un novo xogo sobre o clima. Novamente por parte de Ra; neste caso xogamos e descubrimos outro fenómeno atmosférico, o vento . Tras estes días de temporal e alertas, vivenciamos o vento, facendo que éramos nubes soprando.  Así, debíamos levar os diferentes fenómenos atmosféricos como a chuvia, a tormenta, o furacán, o vento, as gotas de chuvia e o sol (debuxados nos tapóns) ás súas casas (as cartolinas cos mesmos fenómenos). Queredes ver como foi? ás rapazas e rapaces gustoulles moito, mirade! Como vedes, esta actividade permitiunos xogar de modo individual e en pequeno grupo, do mesmo modo que vivenciamos a sensación e efectos que produce o vento.  Tamén xogamos cos conceptos preto-lonxe, achegando ou afastando os tapóns das cartolinas. Así, fomos quen de controlar o sopro, descubrindo se tiñamos que soprar máis forte ou suave para levar cada fenómeno atmosférico ao seu cartel.

As ondas

Imagen
Estes días, a prensa e a televisión, expoñen distintas noticias dos temporais que se suceden en Galicia.  Na aula, chamounos moito a atención a intensidade das ondas na costa. Polo que buscamos nos xornais noticias sobre esta temática. Logo, investigamos un pouco sobre como afecta o clima á formación das ondas . Aquí tendes algún traballiño do alumnado:

palabra da semana

Imagen
Cada semana o alumnado de 1º C traballaremos unha palabra relacionado co tempo e clima. Comezamos por: "Arco da vella". O obxectivo e traballar ao longo da semana con dita palabra. Podrán elaborar un debuxo, unha adiviñanza, refrán ou oración. Posteriormente traballaremos con elas na aula por medio da súa lectura, copia,...

Para animarvos a participar no FOTOMETEORO!

Imagen
Temos a sorte de contar cunha "colaboradora" na outra punta de Galicia , no sur da nosa Comunidade, concretamente na localidade de Laza(Ourense). Ela facilitounos unha imaxe do pasado domingo 12 de xaneiro onde se pode apreciar unha tremenda xeada nesta localidade ourensá (rexistrouse  -3º de temperatura). Comentamos con nenas e nenos de 2º a diferenza de temperaturas entre as distintas zonas da nosa Comunidade e que ese mesmo  día en Sada tamén fixo moito frío , pero non tanto. A nosa "colaboradora" tamén enviou esta foto a:  O Tempo da TVG , onde xa ten enviado moitas e moi interesantes imaxes da nosa climatoloxía. Aquí podedes ver a foto da tremenda xeada publicada en O Tempo da TVG e a orixinal que nos facilitou a súa autora. Deste xeito pretendemos animar aos nosos alumnos e alumnas a participar nunha posible actividade para este Proxecto e que se denominará   FOTOMETEORO: concurso de fotografías de fenómenos atmosféricos.

Pasatempos meteorolóxicos!

Imagen
Os nenos/as de 6ºA levamos dúas semanas deseñando diferentes pasatempos relacionados coa meteoroloxía . Cada un de nós elixiu o tipo de pasatempo que quería facer (crucigrama, autodefinido, sopa de letras...); a continuación, plastificamos cada un deles para poder facelos cun rotulador borrable; por último, decidimos recopilar todos e cada un deles nun libro para incluír na nosa biblioteca de aula. Tamén decidimos deseñar a nosa propia portada para o libro. Este traballo permitiunos coñecer novas palabras relacionadas co tempo e cos fenómenos meteorolóxicos.