Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2019

Routine: Our daily calendar!

Imagen
Routine: Our daily calendar! As clases de Inglés en Infantil   comezan falado da data e do tempo . Como nos gusta moito facelo, cada día tócalle á encargada ou encargado!

Memory Climático

Imagen
Unha vez que xa traballamos o vocabulario relativo ao clima para afianzalo elaboramos un memory na área de plástica. Coa axuda da mestra de AL e a titora primeiro seleccionamos as imaxes, logo tiveron que pintalas e recortadas para finalmente plastificalas . Con esta actividade preténsese aumentar o seu coñecemento sobre os conceptos do clima e do tempo e desenvolver a súa linguaxe oral. Segundo vaian dominado máis léxico podemos ir aumentanto o número de parellas dispostas na mesa e engadir variantes ao xogo coma por exemplo: dicir unha oración coas palabras das parellas que atopen, contar o número de sílabas das palabras que representan as imaxes... Xogar ao memory favorece os procesos cognitivos básicos: percepción, atención e memoria. Axuda e favorece a que os nenos e nenas se consigan manter un nivel maior de concentración no que están a facer. Fomenta o desenvolvemento da linguaxe oral, xa que nos permite utilizar vocabulario novo en relación ao conxunto

Xogamos a...

Imagen
 A proveitando uns momentos libres na área de lingua galega a mestra titora e a mestra de Audición e Linguaxe introducimos na aula o xogo do "aforcado" para familiarizarnos co vocabulario relativo ao tempo e ao clima. Ademais con este xogo imos ampliar o vocabulario e vainos axudar a descubrir termos que antes non coñeciamos e a saber que significan. Tamén nos servirá para mellorar a ortografía en xeral, en copia, ditados e nas composicións escritas. Traballaremos tamén aspectos importantes coma a atención, a concentración a discriminación auditiva e fonolóxica de fonemas, o deletreo e a expresión oral. O xogo do aforcado convértese, por tanto, nunha forma diferente e divertida de aprender para todos os nenos e nenas de 2ºB.

Pescatempos

Imagen
Esta semana apareceu no noso ximnasio un paquete para as máis pequenas e pequenos. Era un xogo enviado por Ra, o Dios so Sol, elaborado con material reciclado. Tras pensar e hipotetizar como se xoga, atopamos no interior unha carta coas instruccións. Parece ser que Ra deixou este xogo porque últimamente non para de chover e quería que lle axudásemos para que lucise o sol no ceo de novo. Para iso, dicíanos que tiñamos que pescar as nubes mais a chuvia e gardala na caixa, mentres que os sois deberíanse por no medio do ximnasio para logo cantar unha canción para chamar ao sol. Igual as palabras dos pequenos e pequenas teñen moito peso, posto que esta semana luciu un poquiño o sol no ceo 😁. Deixovos un resumiño en fotos mostrando como a través da temática do clima desenvolvemos contidos como o coñenecento do tempo, coordinación óculo manual, motricidade grosa, etc, do mesmo modo que tamén afondamos nas actitudes de espera, axuda, cooperación, comunicación e diálogo en

Que sabemos?

Imagen
Para iniciar o proxecto MeteoEscolas na aula de 4º A levamos a cabo unha avaliación inicial empregando a ferramenta Kahoot . Esta aplicación permite crear cuestionarios con ata catro posibles respostas, das que o alumnado debe discriminar e seleccionar a correcta. As preguntas implicaban o recoñecemento de fenómenos atmosféricos, instrumentos que miden as condicións da atmosfera, interpretación de mapas do tempo de Galicia, o traballo dxs meteorólogxs... e os resultados servirán para orientar o desenvolvemento do noso proxecto "Aclimátate!" Ademais, pasárono en grande e quedaron con ganas de repetir a experiencia. Despois de activar os coñecementos previos, fixemos unha chuvia de ideas para identificar que lles gustaría investigar ou saber sobre o tempo atmosférico e o clima, e recompilamos todas as propostas nunha nube de palabras que creamos coa páxina web WordArt.com.

TROMBAS MARIÑAS/MANGAS DE AUGA

Imagen
Os nenos e nas de 4ºA de E.I. estamos comenzando a facer algún traballiño para o PLAN PROXECTA. Fundamentalmente centrarémonos nos fenómenos meteorolóxicos que se producen no mar así que estamos vendo as diferencias entre os  tornados  e as  trombas mariñas  ou  mangas de auga .

Clima e ecosistemas

Imagen
O alumnado de 5ºC estamos traballando os ecosistemas e decatámonos de algo moi importante: o clima é a principal influencia ambiental nos ecosistemas. Os diferentes climas son a orixe de distintos ecosistemas terrestres e acuáticos. Sara e Paula elaboraron dous ecosistemas relacionados co clima tropical:

Aprendemos a interpretar as alertas.

Imagen
Desde onte a noitiña e no día de hoxe (xoves 14-11-2019) os medios de comunicación alertáronnos de situacións atmosféricas adversas en distintos puntos da nosa Comunidade Autónoma; por este motivo hoxe, na clase de Pedagoxía Terapéutica   e facendo uso das distintas tecnoloxías das que dispoñemos, traballamos e reflexionamos sobre a necesidade de informarnos ben en situacións como éstas para evitar posibles riscos. Aprendemos a visitar a páxina web https://www.edu.xunta.gal/portal/   onde poidemos ver o aviso de alerta e tamén a páxina web de Meteogalicia https://www.meteogalicia.gal/web/inicio.action , onde analizamos e interpretamos a simboloxía para definir   as diferentes   alertas nos distintos puntos da nosa comunidade e a diferenza entre eles. Aprendemos a buscar o concello que nos interesa para ver a información máis concreta, neste caso o concello de SADA. E rematamos pensando que sería unha boa actividade que durante un tempo nos dedicásemos a r