Que sabemos?


Para iniciar o proxecto MeteoEscolas na aula de 4º A levamos a cabo unha avaliación inicial empregando a ferramenta Kahoot. Esta aplicación permite crear cuestionarios con ata catro posibles respostas, das que o alumnado debe discriminar e seleccionar a correcta.


As preguntas implicaban o recoñecemento de fenómenos atmosféricos, instrumentos que miden as condicións da atmosfera, interpretación de mapas do tempo de Galicia, o traballo dxs meteorólogxs... e os resultados servirán para orientar o desenvolvemento do noso proxecto "Aclimátate!"


Ademais, pasárono en grande e quedaron con ganas de repetir a experiencia.


Despois de activar os coñecementos previos, fixemos unha chuvia de ideas para identificar que lles gustaría investigar ou saber sobre o tempo atmosférico e o clima, e recompilamos todas as propostas nunha nube de palabras que creamos coa páxina web WordArt.com.






Comentarios

Entradas populares de este blog

Xeo

10. CREACIÓN DE UN XOGO DE MEMORIA DE FENÓMENOS METEOROLÓXICOS PARA ATOPAR PARELLAS OCULTAS.

Para animarvos a participar no FOTOMETEORO!