Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2020

PARTE METEOROLÓXICO

Imagen
   Aclimátate! é un recuncho da biblioteca do cole con libros sobre Meteoroloxía.Os nenos de 1º A levaban en préstamo libros dese recuncho,tiñan  un parte meteorolóxico   no que se poñía un cuño cada vez que levaban prestado e devolvían un libro . Ao final de curso,os e as que completasen o seu parte meteorolóxico, participarían no sorteo duns libros.

ADIVIÑAS DO TEMPO

Imagen
Aquí deixámosche  unha serie de adiviñas sobre fenómenos meteorolóxicos que espero que che gusten. Ten a man o móbil ou a tablet se queres coñecer se acertaches a solución. Se queres  seguir adiviñando preme na seguinte ligazón ↓ https://drive.google.com/file/d/14zrNogzGgrKxJOkLLG06USv9hc-TGwSw/view?usp=sharing

UN MES DE XUÑO DE EMOCIÓNS

Imagen
Ola familias Animádesvos a seguir recollendo as emocións dos vosos fillos no calendario?  Achegámosvos o do mes de xuño, para que poidades seguir anotando como  se  sinten día a día. Podedes descargar o modelo que máis vos guste na ligazón ↓ https://www.canva.com/design/DAD6FXZAYMk/IjJ6bn2k_CzuYpaHtprq2w/edit

QUE DÍA VAI HOXE?

Imagen
Na clase de 1º B temos un panel no que cada día, un neno ou unha nena coloca o símbolo que corresponda ao tempo que vai. Logo debuxan cada un no seu calendario o símbolo. E na parte de atrás do calendario,  colorean o recadro que corresponde a cada símbolo. Ao finalizar o mes, faise un reconto para saber cantos días tivemos sol, chuvia...

QUE TAL ESA MEMORIA? FACEMOS PARELLAS CON IMAXES DO TEMPO!

Imagen
       AS PROFES CARMEN, PAULA E PILI PRPOÑEMOS AOS ALUMN@S DE 5º DE EDUCACIÓN INFANTIL, QUE FICAN NA CASA, UN XOGO PARA TRABALLAR A MEMORIA!         MEMORIA: 8 PARELLAS FENÓMENOS ATMOSFÉRICOS RECORTAMOS 1 FOLIO EN 16 CADRADOS. PINTAMOS 8 PARELLAS (cada parella co mesmo debuxo). Debuxos sinxelos. XOGAMOS! Dámoslles a volta e levantamos de 2 en 2 e volvemos a tapar, teremos que lembrar onde están situados os debuxos para facer as parellas dos que son iguais. CANDO ESTÉ CONTROLADO PODEMOS COMPLICALO CON OUTRAS 8 PARELLAS!   MIRADE QUE BEN O PASAN...

AS MANDAS DO ENTROIDO

Imagen
Durante o entroido tivemos que atender ás mandas do Meco . Cada día  indicá banos  o que tiñamos que traer ao día seguinte(algo na cabeza, algo no pescozo...). Este ano as mandas estaban relacionadas cos fenómenos meteorolóxicos e  fixemos garabatas, gafas e diademas nas que aparecían diferentes símbolos do tempo.

AS NUBES

Imagen
Os nen@s 1º fixeron unhas nubes con algodón. Primeiro pedímoslles que se fixaran no ceo e nas diferentes formas que teñen as nubes. Logo démoslles unha pista de cómo poderían facer as nubes con algodón e cun rotulador de cor negro. E así foi como lles quedaron.

veo veo...

¡Buenos días chicas y chicos! ¿qué tal? Vamos a ver si estáis atentos/as a la imagen y respondéis a las preguntas... yo hoy estaba algo despistadilla y fallé alguna ¿cómo os fue a vosotros/as? (pinchar en el enlace para jugar) ↷ https://view.genial.ly/5ecd9397f938f80dac2f387b/game-meteo

Repaso das Estacións do ano

Imagen
Imos repasar as Estacións do ano:

Nube de choiva

Imagen
Esta semana as mestras de segundo propuxémoslles aos nenos e nenas un experimento para ver de preto como se forman as gotas de choiva con materiais sinxelos que poden atopar facilmente nas súas casas: auga fría, un vaso ou xerra, crema de afeitar, colorante alimentario ou acuarelas e unha culler ou contagotas. O procedemento consiste en botar a auga fría no tarro ata chegar á metade e verter por enriba unha boa cantidade de crema de afeitar para formar as nubes. Noutro recipiente, mesturar o colorante ou a acuarela líquida con auga, revolvelo ben e coa axuda do contagotas ou da culler engadilos á nube de crema. As gotas non caerán da nube ata que esta estea o suficientemente chea, representando así o fenómeno da choiva . Por outro lado, seguindo coa temática das nubes, pedímoslles que aproveitasen as saídas a pasear para fixarse ben nas nubes que van observando no ceo e deixasen voar a súa imaxinación pensando a que formas lles recordan , para despois debuxalas ou represe

XOGO DO TEMPO ATMOSFÉRICO

Imagen
Relaciona cada símbolo co seu significado:                                                               Fai dobre clic na imaxe

TRES EN RAIA!

Imagen
Carmen, Paula e Pili, as profes de 5º de E. Infantil propoñen aos seus alumn@s que fican na casa a facer un TRES EN RAIA con debuxos do tempo. Podemos facelo con material que teñamos na casa, papel, cartulina, goma eva... Aprenderemos este xogo sinxelo e divertido. DARÍO FAI O SEU 3 EN RAIA: NORABOA!!! Agora a xogar!!

Día do libro climático

Imagen
O alumnado de 3ºA realizou un traballo para o día de libro con refráns relacionados co tempo.

O tempo na biblio

Imagen
O alumnado de 3ºA adicou o seu tempo na biblio á lectura sobre o clima grazas a ampla exposición sobre o tema.

Rexistramos os datos e elaboramos os gráficos

Imagen
O alumnado de 3ºA continúa a traballar cos rexistros de datos sobre o tempo agora que estamos na casa.