Entradas

Mostrando entradas de abril, 2020

RECONTO MENSUAL

Imagen
Xoga a facer o reconto dos días do mes de abril que fixo sol,que choveu e que estivo nubrado: NÚMEROS ATA O 20

FACEMOS O RELOXO DO TEMPO NA CASA

Imagen
AS MESTRAS CARMEN, PAULA E PILI DE 5º DE EDUCACIÓN INFANTIL PROPOÑEMOS AOS ALUMN@S FACER UN  "RELOXO DO TEMPO"  PARA POÑER O DÍA QUE FAI A DIARIO, IGUAL QUE FACÍAMOS NA CLASE... RECITAREMOS A POESÍA CAMBIANDO CLASE POR CASA💚 MIRADE QUE RELOXOS TAN BEN FEITOS, NORABOA!!!

Xogando co tempo

Imagen
 Propóñovos un xogo similar a un crebacabezas que podedes facer na casa. Só necesitades rolos de papel de cociña, folios, lapis, ceras ou rotuladores, pegamento e tesoiras.  Primeiro tedes que debuxar nun folio algún símbolo do tempo ou fenómeno atmosférico. Logo debedes decoralo e recortalo.   A continuación colledes un rolo de papel de cociña e pegades o debuxo que recortastes.   Por último papá, mamá ou o adulto que este connosco deberá cortar o rolo en tres partes iguais.    Xa tedes o voso crebacabezas para montalo cada vez que queirades!!  O xogo pódese adaptar o nivel de dificultade que se queira.  Con este xogo traballaremos aspectos como a psicomotricidade fina, a atención, a memoria, a coordinación óculo-manual, a creatividade, as cores, os tamaños, vocabulario referente ao tempo e ao clima ...  Ademais pódese aproveitar para traballar as descricións .    Espero que vos guste!!!

REFRÁNS, ADIVIÑAS E FRASES FEITAS

Imagen
Ao longo do curso, o alumnado de 2º E.P. realizou  actividades programadas para este proxecto. Na    actividade proposta para este mes de abril tiñamos que escoller unha adiviña, un refrán ou unha frase feita, en relación coa temática de dito proxecto e facer un debuxo. Algúns nenos e nenas xa fixeron as súas. Mirade que bonitas lles quedaron!                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                  

Día da Terra e cambio climático

Imagen
O pasado martes 22 de abril festexouse o Día da Terra , para conmemoralo o alumnado de 4º A realizou un traballo de investigación sobre o cambio climático : deron coas causas, coas consecuencias e tamén aportaron ideas para detelo.

Adiviñas e frases feitas

Imagen
Na área de Lingua Castelá o alumnado de 4º traballou frases feitas e as adiviñas relacionadas co tempo atmosférico: Por un lado, realizaron unha ficha interactiva sobre frases feitas á que podedes acceder picando no seguinte enlace:  Ficha interactiva sobre frases feitas Por outro, propuxémoslles varias adiviñas que vos compartimos a continuación:

Un arco da vella de boa actitude!

Imagen
As mestras de segundo de primaria, o 30 de marzo, propuxémoslles aos alumn@s, realizar masa de sal. Os ingredientes a utilizar son: sal, auga, fariña e colorante. Unha vez amasada, tiñan que deixala reposar e secar. Despois, a idea da actividade é que os nen@s pasen un tempo entretidos coas familias e deixen voar a súa creatividade realizando distintas figuras. Por último, fornear un ratiño. Para seguir co tema do proxecto deste ano, démoslles a idea de realizar un arco da vella, que represente a actitude positiva desta época pola que estamos pasando. Ademais podedes facer figuras como: lóstregos, nubes, chuvia, neve...