Un arco da vella de boa actitude!

As mestras de segundo de primaria, o 30 de marzo, propuxémoslles aos alumn@s, realizar masa de sal. Os ingredientes a utilizar son: sal, auga, fariña e colorante. Unha vez amasada, tiñan que deixala reposar e secar.
Despois, a idea da actividade é que os nen@s pasen un tempo entretidos coas familias e deixen voar a súa creatividade realizando distintas figuras. Por último, fornear un ratiño.
Para seguir co tema do proxecto deste ano, démoslles a idea de realizar un arco da vella, que represente a actitude positiva desta época pola que estamos pasando. Ademais podedes facer figuras como: lóstregos, nubes, chuvia, neve...











Comentarios

Entradas populares de este blog

Agamógrafo

Xeo

Espazo do tempo (taboleiro atmosférico)