Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2020

Creando historias

Imagen
 Como xa sabedes seguimos co estado de alarma e temos que seguir pasando máis tempo na casa. Para poder levalo o mellor posible, aquí vos deixo unha actividade para que poidades traballar a vosa imaxinacion e a vosa expresión escrita, a través da creación de pequenas historias con palabras que teñen relacion co tempo e os fenómenos atmosféricos, que xa traballamos na aula de 2°B ao longo do curso.  Coller papel, lapis e a escribir!!! Para rematar a actividade podedes facer un debuxo e pintarlo. Ánimo a tod@s!!!

XOGO DE MEMORIA

Imagen
https://view.genial.ly/5e80cdcb3fea8d0db0d3f2ea/game-xogo-memoria Se fas clic nesta ligazón, abrirase unha xanela cun reto, podes superalo? 

SEASONS AND CLOTHES!

Imagen
Spring! Summer! Autumn! Winter! What are you wearing? Que levas posto? Shirt, shoes, gloves... En Infantil , comezamos a semana traballando en  Inglés    as estacións do ano e a roupa. Primerio cantamos e bailamos dúas cancións sobre esta temática. http://octopusgarden.org/archivos/450 http://octopusgarden.org/archivos/304 Despois buscaremos en xornais, revistas ou outras publicacións que teñamos pola casa fotos de diferentes pezas de roupa.  A continuación recortaremos, clasificaremos e pegarémolas na estación do ano correspondente. Podedes ver a proposta de activdade completa no blog de Inglés Infantil pinchando no seguinte enlace: http://octopusgarden.org/archivos/450 Have fun!  Teacher Montse

Construimos palabras do tempo

Imagen
En tempo de cuarentena que mellor que pasar o tempo construindo palabras sobre o tempo. Ordena as palabras e comproba o resultado cos QR.

O TEMPO EN PALABRAS

Imagen
Neste tempo obrigado de traballo na casa, quero achegarche dúas actividades para pasar o tempo un pouquiño mellor. Resolve esta fuga de vogais e nomea fenómenos atmosféricos...

Tempo de xogo

Imagen
Aquí déixovos dous xogos para traballar a conciencia fonolóxica mentres repasamos vocabulario relativo ao tempo e aos fenómenos atmosféricos, para pasar un bo intre en familia durante este tempo de corentena. Podedes empregar un dado calquera que teñades pola casa. Cada vez que tiredes o dado e saia un número tedes que poñer a vosa ficha no dado con ese número e asociar a imaxe coa letra ou sílaba pola que comeza o nome dese fenomeno atmosférico dependendo do xogo. Traballaremos aspectos coma a atención, a concentración, a memoria, a percepción visual, a discriminación auditiva e fonolóxica, o vocabulario, a articulación... O vocabulario empregado é: sol, nubes, choiva, vendaval, treboada, folerpas, raio, néboa, neve, saraiba, marusía, relampo. O vocabulario empregado é: inundacións, chuvia, arco da vella, brétema, vento, nubes, xeada, pedrouzo, raio, nubes, folerpas, marusía, relampo. Para as nenas e nenos máis grandiños tamén poden coller o cader

Espazo do tempo (taboleiro atmosférico)

Imagen
Boas a todas e todos! Hoxe déixovos un xogo novo para que fagades na casa e pasedes mellor estes días. É... "espazo do tempo" ou "taboleiro atmosférico", que nos permite mover todo o esqueleto! lanzo os dado e vendo o que me sae, vou poñendo cada parte de corpo na casilla que corresponde. No vídeo, cóntovos como se xoga e aquí abaixo amoso os pasos a seguir para facelo. 1. Facer o cubo con papel ou cartón coa axuda da regra, papel e lapis (cada cuadriño debe medir 5 centímetros por cada lado). 2. Debuxamos en cada cara o que máis nos guste (eu elexín os fenómenos atmosféricos, que xa nos presentou Ra nas actividades anteriores). 3. Coloreamos e recortamos pola liña. 4. Dobramos polas liñas que están entre debuxo e debuxo. 5. Botamos pegamento nas pestanas. 6.  Xa temos o primeiro dado rematado! 7. Agora facemos o taboleiro, cómo? facendo os mesmos debuxos do dado noutro papel para logo poñelos no chan. Por exemplo pode quedar así:

Semana da prensa

Imagen
 Durante a semana da prensa o alumnado comprobou como aparece reflexado o tempo en diferentes xornais do noso país. Como actividade final, traballamos con diversas noticias relacionadas co tempo. Posteriormente o alumnado recortou o título dalgunha desas noticias e fixo un debuxo relacionado ca mesma.

Arte do tempo

Imagen
O traballo con pinceis é un dos favoritos dos nosos nenos e nenas.... por iso arriscámonos e facer un traballo minucioso e de detalle cos nenos e nenas de 1ºC.  Copos de neve e nubes quedaron plasmados nas cartolinas e expostos para que o alumnado vira os artistas cos que contamos no colexio.

O tempo na prensa

Imagen
Durante a semana da prensa o alumnado 4º A analizou 3 noticias relacionadas con fenómenos atmosféricos que afectaron ao sen entorno próximo: Non só identificaron o titular, a data da publicación, o nome do xornal, tamén extraeron a información relevante e buscaron no dicionario termos relacionados co tempo atmosférico, como por exemplo: tornado, tormenta, refacho, borrasca, ciclón, trombas... Finalmente fixeron un debuxo para ilustrar a noticia.