Espazo do tempo (taboleiro atmosférico)
Hoxe déixovos un xogo novo para que fagades na casa e pasedes mellor estes días.
É... "espazo do tempo" ou "taboleiro atmosférico", que nos permite mover todo o esqueleto! lanzo os dado e vendo o que me sae, vou poñendo cada parte de corpo na casilla que corresponde.
No vídeo, cóntovos como se xoga e aquí abaixo amoso os pasos a seguir para facelo.
1. Facer o cubo con papel ou cartón coa axuda da regra, papel e lapis (cada cuadriño debe medir 5 centímetros por cada lado).
2. Debuxamos en cada cara o que máis nos guste (eu elexín os fenómenos atmosféricos, que xa nos presentou Ra nas actividades anteriores).
3. Coloreamos e recortamos pola liña.
4. Dobramos polas liñas que están entre debuxo e debuxo.
5. Botamos pegamento nas pestanas.
6. Xa temos o primeiro dado rematado!
7. Agora facemos o taboleiro, cómo? facendo os mesmos debuxos do dado noutro papel para logo poñelos no chan. Por exemplo pode quedar así:
8. Poñémonos a xogar!! lanzamos o dado e temos que por a man sobre o debuxo que saíu.
Se o queremos poñer más complicado, podemos lanzar varias veces o dado e recordar o que vai saindo para logo facer a mesma serie no taboleiro. Por exemplo, lanzo o dado e sae o sol, logo a nube e na última tirada o arco da vella, así que recordando isto vou ao taboleiro e toco as casillas na mesma orde: sol, nube e arco da vella.
Queredes que sexa máis complicado?
Pois creamos outro dado e lle debuxamos varias partes do corpo. O meu deseño é este:
E... xa temos os dous dados
Agora poño no chan o taboleiro (ou as pezas soltas) e podo colocalocomo máis me guste. Eu fixen este:
E agora... A XOGAR!
Espero que vos guste! Unha aperta enorme a todas e todos.
Vaamonde Lodeiro, María
Comentarios
Publicar un comentario