Entradas

Mostrando entradas de diciembre, 2019

Reading: Dream Snow!

Imagen
Reading: Dream Snow! http://octopusgarden.org/archivos/242 As nenas e nenos de  Infantil  rematamos o trimestre e o ano lendo un libro en  Inglés  sobre  a neve, o Nadal e os soños . Gustounos moito! Merry Christmas ;) Fair use,  https://shop.carlemuseum.org/category/books-dvds/eric-carle-books

Routine: What's the weather like today?

Imagen
Routine: What's the weather like today? Cada día, as nenas e nenos de Infantil , comezamos as clases de Inglés falando do tempo atmosférico . Encántanos usar o reloxo do tempo atmosférico!

Un alfabeto moi divertido!

Imagen
Estes días os nenos e nenas de 2ºC creamos alfabetos manipulativos para traballar en grupo,    co obxectivo de afianzar e ampliar   vocabulario meteorolóxico. Tamén aproveitamos este material para interiorizar o alfabeto; facemos xogos de atención, memoria, conciencia fonolóxica: que letra desapareceu?; ordena as letras para formar a palabra escondida; que palabra corresponde a esta definición?;…

meteomente

Imagen
      Na clase de PT estamos a traballar as funcións cognitivas, polo que fixemos actividades de memoria, atención e orientación espacial  na PDI utilizando pictos meteorolóxicos. Estivo xenial!

SUDOKUS CLIMATOLÓXICOS

Imagen
Na nosa clase de Audición e Linguaxe xogamos e divertímonos traballando o vocabulario do tempo, mediante SUDOKUS feitos por nós!

Palabra da semana

Imagen
Coa palabra da semana estamos a facer un dicionario visual con todas as palabras que estamos a traballar relacionadas co tempo e os fenómenos atmosféricos , así cada vez que o necesitemos podemos recorrer a elas e lembrar o seu significado. Empezamos coa palabra escampar facendo un pequeno debuxo alusivo ademáis de escribir o seu significado. Esta semana continuamos coa palabra arroiada. Aquí podedes ver algunhas mostras dos traballos do alumnado de 2º B.

O outono!

Imagen
Durante o mes de outubro, para iniciar o proxecto de Meteoescolas, os nenos e nenas de 2ºA e de 2º C fixemos un mural sobre O outono para o corredor das nosas aulas e celebrar así a chegada desta nova estación.  Nel incluímos debuxos, refráns, poemas, cancións populares e unha árbore con follas secas recollidas do entorno. Desta forma observamos como no outono é unha estación do ano na que comezan a cambiar a cor das follas e pasan de verde a amarillento ou vermello, ás veces marróns e caen das árbores con relativa facilidade e coa axuda do vento que sopla con forza neste momento do ano. Así ademais traballamos aspectos como: vocabulario, caligrafía, psicomotricidade fina e aprendimos cultura popular.

CAIXA DE CHUVIA

Imagen
Boas amigas e amigos, estas semanas temos un xogo novo que aos máis pequenos e pequenas lles está a motivar un montón. De que se trata? Pois ben, neste caso consiste en meter as gotas de chuvia dentro da nube. Pero ollo! Non todas as gotas son do mesmo tamaño, polo que no son todas son igual de doadas de encestar.     Con este xogo tamén comprobamos que a distancia do noso corpo en relación á caixa (é dicir, á nube), mais a forza coa que lancemos, facilita ou dificulta o atinar. Como todas e todos son moi curiosos, tamén probamos a lanzar coa man dereita e coa esquerda, de pe, agochados, etc… comprobando o que lle resultaba máis sinxelo a cada quen. Así, fomos comprobando as hipóteses que de principio se plantexaban.                      Ademáis, con este novo pasatempo melloramos a coordinación óculo manual, a estructuración espacial, a lateralidade, ao mesmo tempo que empregamos a meteoroloxía como eixo común ás actividades.      

Os Refráns e o Tempo

Imagen
Coa chegada de decembro realizamos unha actividade onde debíamos buscar e indagar na cultura popular sobre refráns relacionados co tempo atmosférico e os meses do ano. Cada mes buscaremos un refrán que este referido ao tempo e faremos unha ilustración mesmo, elaborando un pequeno libro a final de curso con todos eles, que nos servirá para lembrar e aprender os refráns da nosa cultura popular. De todos eles fárase unha escolla para elaborar un libro colectivo para a Semana do Libro que quedará exposto na biblioteca do centro. Con esta actividade traballaremos tamén a lectoescritura, o debuxo e a expresión oral. Así de ben traballan as nenas e nenos de 2ºB!! REFRÁN MES DECEMBRO:  "En decembro non hai valente que non treme"

Panel Metereolóxico

Imagen
Seguindo coa temática do Proxecta no que estamos a traballar introducimos na rutina da aula un panel meteorolóxico que rexistra, ademais do día da semana e do mes en que estamos , aspectos importantes relacionados co clima coma a estación do ano na que nos atopamos ou o estado do ceo cada día . Estes datos axudarannos a elaborar pictogramas e gráficas de barras cada mes. O panel está nun recuncho visible da nosa aula e cada día encargarase de facelo o encargado ou encargada que lle corresponda. A sí de ben nos quedou!!!

Xogando coa poesía

Imagen
O pasado mércores os alumnos de 4ºC traballaron a rima e os recursos estilísticos máis sinxelos (personificación e hipérbole ), ordenando versos e creando   as súas propias composicións    relacionadas con fenómenos atmosféricos e coa estación na que estamos(outono).A   continuación   recitáronos. Foi moi divertido!

Kahoot meteorolóxico

Imagen
Os alumnos de 4ºC,o pasado martes, na aula de informática respostaron a dez preguntas sobre  fenómenos atmosféricos e instrumentos de medida través dun kahoot para determinar os coñecementos previos que teñen sobre este  tema.Estes son os resultados acadados: Na esquerda da imaxe figura a   puntuación acadada por cada alumno en función das respostas acertadas. A continuación , fixemos unha chuvia de ideas, partindo do que lles gustaría aprender ,que plasmamos nunha   nube de palabras creada a través do WordArt.

OUTONO MUSICAL

Imagen
 OUTONO MUSICAL As nenas e nenos de Educación Infantil dramatizamos un paseo imaxinario polo bosque que nos inspira o 3º movemento do Outono de Vivaldi. O vento move as ramas das árbores... ...e apañamos as follas e os ourizos que caen ao chan.        Quedamos cansados e nos relaxamos con October de U2.

Que sabemos e que queremos saber?

Imagen
Na aula de 4ºB , utilizando a ferramenta Kahoot , levamos a cabo unha avaliación inicial sobre o clima e a meteoroloxía. Con esta actividade damos comezo ao proxecto METEOESCOLAS. Consta de preguntas con respostas múltiple. Cos resultados obtidos  identificamos os coñecementos previos e temos o punto de partida para  comezar o noso proxecto ACLIMÁTATE! A continuación elaboramos unha nube de palabras cos contidos polos que os nenos e nenas mostraron interese e que lles son descoñecidos.