CAIXA DE CHUVIA
Boas amigas e amigos, estas semanas temos un xogo novo
que aos máis pequenos e pequenas lles está a motivar un montón.
De que se trata? Pois ben, neste caso consiste en meter as
gotas de chuvia dentro da nube. Pero ollo! Non todas as gotas son do mesmo
tamaño, polo que no son todas son igual de doadas de encestar.
Con este xogo tamén comprobamos que a distancia do noso
corpo en relación á caixa (é dicir, á nube), mais a forza coa que lancemos,
facilita ou dificulta o atinar.
Como todas e todos son moi curiosos, tamén probamos a lanzar
coa man dereita e coa esquerda, de pe, agochados, etc… comprobando o que lle
resultaba máis sinxelo a cada quen. Así, fomos comprobando as hipóteses que de
principio se plantexaban.
Ademáis, con este novo pasatempo melloramos a coordinación
óculo manual, a estructuración espacial, a lateralidade, ao mesmo tempo que empregamos
a meteoroloxía como eixo común ás actividades.
Comentarios
Publicar un comentario