Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2020

Estación e rexistro de datos

Imagen
O alumnado de 6º C visitou a estación meteorolóxica do noso centro para rexistrar os datos de temperatura máxima e mínima, consultando o termómetro dixital, e tamén para medir as precipitacións recollidas no pluviómetro empregando a probeta axeitada. Finalmente completaron o climograma colectivo que se está a facer entre todos os niveis educativos do colexio.

Que aprendemos ata o momento?

Imagen
Os alumnos/as de 4ºA demostraron os seus coñecementos sobre os instrumentos para medir os distintos elementos do tempo atmosférico e do clima: termómetro, pluviómetro, anemómetro... Tamén fixeron ver a súa capacidade para interpretar mapas meteorolóxicos tomados da páxina web de MeteoGalicia consultando a súa lenda. E finalmente representaron graficamente datos extraídos da estación meteorolóxica do colexio. Estes son só algúns dos saberes adquiridos no que levamos de curso relacionados coa meteoroloxía no marco do plan proxecta: MeteoEscolas.

Visitamos a nosa estación meteorolóxica

Imagen
Os nenos/as de 6ºA visitamos a nosa estación meteorolóxica co fin de coñecer como funcionan o termómetro e o pluviómetro que temos instalado. Unha vez alí aprendimos como funciona cada un destes aparellos e comprobamos cal foi a máxima e a mínima temperatura, así como a cantidade de auga que recolleu o pluviometro. Todos estos datos anotámolas na táboa para pasalos, posteriormente, ao climograma. Deixámosvos algunhas fotografías da nosa visita; esperemos que vos gusten.

Comezamos a rexistrar o tempo

Imagen
Hoxe comezamos a facer unha actividade que realizaremos todos os días, o rexistro das características do tempo. As encargadas desta semana apuntaron nun panel o tempo que fai hoxe, as temperaturas mínimas e máximas, o vento, dirección e forza, estación e alerta laranxa que era o caso de hoxe. Todo isto axudándonos da información que nos da Meteogalicia. De aquí ao final do curso cada alumno e alumna apuntará os datos correspondentes do día que lle toque.

Os efectos dos temporais

Imagen
Esta semana, o alumnado de 5ºC, estamos traballando sobre os efectos dos temporais:  - Buscamos información sobre os temporais máis grandes do mundo. - Analizamos noticias da prensa local (tendo en conta as diferentes partes da noticia). - Elaboramos un pequeno mural para colaborar co proxecto "Aclimátate". - Fixemos unha proposta de investigación para o vindeiro trimestre: "os diferentes climas no percorrido de Jeanne Baret" (como proxecto de aula).

Entroido climático

Imagen
O entroido rematou e os nenos de 3°B disfrazáronse de moi diversos temas, pero o último día puxemos un toque de #aclimátate aos seus disfraces. Aquí podedes ver como quedaron!

O ciclo da auga

Esther explica aos seus compañeiros/as de 4ºB o ciclo da auga axudándose da maqueta que fixo.

Rutinas meteorolóxicas

Imagen
O alumnado de 4º A cada mañá consulta a páxina web de MeteoGalicia para completar o panel que temos na nosa aula coa información meteorolóxica para o concello de Sada. O primeiro é poñer a data, a continuación comprobamos que a etiqueta da estación é a correcta, cambiamos o estado do ceo, a información sobre o vento e as alertas, así como a temperatura máxima e mínima do día. Tamén rexistramos o estado diariamente.

Estación meteorolóxica

Imagen
O alumnado de 4ºA visitou a estación meteorolóxica do colexio para recoller os datos da temperatura máxima e mínima, así como das precipitacións, empregando os aparellos de medida cos que contamos (termómetro dixital e pluviómetro). Despois representaron gráficamente os datos recollidos nun climograma que se esta elaborando de xeito cooperativo entre os distintos niveis e grupos do centro.