Nesta bitácora compartiremos todo o que o alumando do CEIP Pedro Barrié de la Maza descubra sobre o tempo atmosférico e o clima ao longo deste curso 2019/2020.
Convidámosvos a seguirnos nesta aventura!
O entroido rematou e os nenos de 3°B disfrazáronse de moi diversos temas, pero o último día puxemos un toque de #aclimátate aos seus disfraces. Aquí podedes ver como quedaron!
No primeiro trimestre, os alumnos de 4ºC fixeron un agamógrafo, que é un tipo de arte óptico. Primeiro colorearon a imaxe dunha árbore nun folio que posteriormente dobraron en zig-zag. Dependendo da posición dende a que se mire a árbore representa o verán ou o outono , aparecendo elementos ocultos.
Bos días rapaces e rapazas! Esta vez, e para rematar o curso, propoño unha actividade de experimentación coa auga. Trátase de buscar obxectos pequenos (flores, botóns, pedras...) e metelas en cubiteiras de xeo (vasiños, botellas, ou que teñades por ahí). Despois poñedes auga nas cubiteiras e as metedes no conxelador. Debemos esperar até que a auga pase de líquida a sólida (é dicir, sea un cubiño de xeo). A continuación temos varias formas de xogo: 1. Xogar a desfacer o xeo de diversas formas (dándolle calor, dándolle golpeciños, etc.). 2. Xogar con máis persoas a ver quen é o primeiro/a que descubre o tesouro que conteñe. Espero que vos guste moito. Unha aperta enorme!
O alumnado de 6ºA ten como rutina mirar as predicións meteorolóxicas para o seu concello. Cada día os dous encargados/as da clase son os responsable de buscar na páxina web de meteogalicia ( https://www.meteogalicia.gal/web/inicio.action ) o tempo que fai no seu concello (Sada). Para elo, un encárgase de buscar en internet os datos e o outro de anotalos no noso panel. Entre algúns dos datos que recollemos están: temperatura máxima, temperatura mínima, aviso de alerta, estado do ceo, vento... A continuación amosámosvos unhas fotos da nosa rutina:
Comentarios
Publicar un comentario