Que aprendemos ata o momento?
Os alumnos/as de 4ºA demostraron os seus coñecementos sobre os instrumentos para medir os distintos elementos do tempo atmosférico e do clima: termómetro, pluviómetro, anemómetro...
Tamén fixeron ver a súa capacidade para interpretar mapas meteorolóxicos tomados da páxina web de MeteoGalicia consultando a súa lenda.
E finalmente representaron graficamente datos extraídos da estación meteorolóxica do colexio.
Estes son só algúns dos saberes adquiridos no que levamos de curso relacionados coa meteoroloxía no marco do plan proxecta: MeteoEscolas.

Comentarios
Publicar un comentario