Os Refráns e o Tempo
Coa chegada de decembro realizamos unha actividade onde debíamos buscar e indagar na cultura popular sobre refráns relacionados co tempo atmosférico e os meses do ano.
Cada mes buscaremos un refrán que este referido ao tempo e faremos unha ilustración mesmo, elaborando un pequeno libro a final de curso con todos eles, que nos servirá para lembrar e aprender os refráns da nosa cultura popular. De todos eles fárase unha escolla para elaborar un libro colectivo para a Semana do Libro que quedará exposto na biblioteca do centro.
Con esta actividade traballaremos tamén a lectoescritura, o debuxo e a expresión oral.
Así de ben traballan as nenas e nenos de 2ºB!!
REFRÁN MES DECEMBRO:
"En decembro non hai valente que non treme"
Comentarios
Publicar un comentario