Este sinxelo traballo de investigación e concienciación fixérono os alumnos de 5B nas súas casas. O obxectivo é que mediante dúas actividades os alumnos se informen do tipo de clima xunto coas súas características dun lugar elixido por eles así como do tempo metereolóxico en tres dias consecutivos. Aprovéitase tamén para ubicar ese lugar no mapa e comentar diferentes datos sobre esa vila, cidade ou província. Por último, recordamos brevemente o que xa temos comentado durante o curso respecto ó cambio climático. A continuación están as pautas de cada actividade e un exemplo. ACTIVIDADE 1: “Busco información e analizo o tempo de……….” Escolle un sitio de España: Pode ser unha vila, cidade, comarca, provincia.. O que ti queiras. Realiza con ese lugar as seguintes actividades: 1. Debuxa un mapa de España en tamaño pequeno sin calcar e colorea ou indica nél o lugar que escolliches 2. Comenta brevemente onde está ubicado ese lugar e algunha información ou característica q...
Comentarios
Publicar un comentario