Tempo de xogo

Aquí déixovos dous xogos para traballar a conciencia fonolóxica mentres repasamos vocabulario relativo ao tempo e aos fenómenos atmosféricos, para pasar un bo intre en familia durante este tempo de corentena.
Podedes empregar un dado calquera que teñades pola casa. Cada vez que tiredes o dado e saia un número tedes que poñer a vosa ficha no dado con ese número e asociar a imaxe coa letra ou sílaba pola que comeza o nome dese fenomeno atmosférico dependendo do xogo.
Traballaremos aspectos coma a atención, a concentración, a memoria, a percepción visual, a discriminación auditiva e fonolóxica, o vocabulario, a articulación...

O vocabulario empregado é: sol, nubes, choiva, vendaval, treboada, folerpas, raio, néboa, neve, saraiba, marusía, relampo.




O vocabulario empregado é: inundacións, chuvia, arco da vella, brétema, vento, nubes, xeada, pedrouzo, raio, nubes, folerpas, marusía, relampo.

Para as nenas e nenos máis grandiños tamén poden coller o caderno ou un folio e aproveitar a escribir as palabras, despois separadas en sílabas, facer oracións con algunas delas, facer un debuxo de algún fenómeno atmosférico e despois inventar unha pequeno conto...

Espero que vos guste! Saúdos a tod@s!!

Comentarios

Entradas populares de este blog

Xeo

Espazo do tempo (taboleiro atmosférico)

A lenda do arco da vella