Xogando co tempo

 Propóñovos un xogo similar a un crebacabezas que podedes facer na casa. Só necesitades rolos de papel de cociña, folios, lapis, ceras ou rotuladores, pegamento e tesoiras.

 Primeiro tedes que debuxar nun folio algún símbolo do tempo ou fenómeno atmosférico. Logo debedes decoralo e recortalo. 
 A continuación colledes un rolo de papel de cociña e pegades o debuxo que recortastes. 
 Por último papá, mamá ou o adulto que este connosco deberá cortar o rolo en tres partes iguais.  
 Xa tedes o voso crebacabezas para montalo cada vez que queirades!! O xogo pódese adaptar o nivel de dificultade que se queira.

 Con este xogo traballaremos aspectos como a psicomotricidade fina, a atención, a memoria, a coordinación óculo-manual, a creatividade, as cores, os tamaños, vocabulario referente ao tempo e ao clima ... Ademais pódese aproveitar para traballar as descricións

  Espero que vos guste!!!





Comentarios

Entradas populares de este blog

Xeo

10. CREACIÓN DE UN XOGO DE MEMORIA DE FENÓMENOS METEOROLÓXICOS PARA ATOPAR PARELLAS OCULTAS.

Para animarvos a participar no FOTOMETEORO!