Nube de choiva

Esta semana as mestras de segundo propuxémoslles aos nenos e nenas un experimento para ver de preto como se forman as gotas de choiva con materiais sinxelos que poden atopar facilmente nas súas casas: auga fría, un vaso ou xerra, crema de afeitar, colorante alimentario ou acuarelas e unha culler ou contagotas.


O procedemento consiste en botar a auga fría no tarro ata chegar á metade e verter por enriba unha boa cantidade de crema de afeitar para formar as nubes. Noutro recipiente, mesturar o colorante ou a acuarela líquida con auga, revolvelo ben e coa axuda do contagotas ou da culler engadilos á nube de crema. As gotas non caerán da nube ata que esta estea o suficientemente chea, representando así o fenómeno da choiva.


Por outro lado, seguindo coa temática das nubes, pedímoslles que aproveitasen as saídas a pasear para fixarse ben nas nubes que van observando no ceo e deixasen voar a súa imaxinación pensando a que formas lles recordan, para despois debuxalas ou representalas con diferentes materiais nas súas formas máis disparatadas. 












Comentarios

Entradas populares de este blog

10. CREACIÓN DE UN XOGO DE MEMORIA DE FENÓMENOS METEOROLÓXICOS PARA ATOPAR PARELLAS OCULTAS.

Agamógrafo

Xeo