Aprendemos a interpretar as alertas.
Desde onte a noitiña e no día de hoxe (xoves 14-11-2019) os
medios de comunicación alertáronnos de situacións atmosféricas adversas en
distintos puntos da nosa Comunidade Autónoma; por este motivo hoxe, na clase de
Pedagoxía Terapéutica e facendo uso das
distintas tecnoloxías das que dispoñemos, traballamos e reflexionamos sobre a
necesidade de informarnos ben en situacións como éstas para evitar posibles
riscos.
Aprendemos a visitar a páxina web https://www.edu.xunta.gal/portal/
onde poidemos ver o aviso de
alerta e tamén a páxina web de Meteogalicia https://www.meteogalicia.gal/web/inicio.action,
onde analizamos e interpretamos a simboloxía para definir as diferentes
alertas nos distintos puntos da nosa comunidade e a diferenza entre eles.
Aprendemos a buscar o concello que nos interesa para ver a información máis
concreta, neste caso o concello de SADA.
E rematamos pensando que sería
unha boa actividade que durante un tempo nos dedicásemos a recopilar datos dos
fenómenos atmosféricos diarios en puntos moi diferentes da xeografía da nosa
Comunidade Autonoma para finalmente observar as diferenzas entre estas
distintas zonas e entender por que isto
é así.
Comentarios
Publicar un comentario