Xogamos a...
Aproveitando uns momentos libres na área de lingua galega a mestra titora e a mestra de Audición e Linguaxe introducimos na aula o xogo do "aforcado" para familiarizarnos co vocabulario relativo ao tempo e ao clima.
Ademais con este xogo imos ampliar o vocabulario e vainos axudar a descubrir termos que antes non coñeciamos e a saber que significan.
Tamén nos servirá para mellorar a ortografía en xeral, en copia, ditados e nas composicións escritas.
Comentarios
Publicar un comentario