Pescatempos

Esta semana apareceu no noso ximnasio un paquete para as máis pequenas e pequenos. Era un xogo enviado por Ra, o Dios so Sol, elaborado con material reciclado.
Tras pensar e hipotetizar como se xoga, atopamos no interior unha carta coas instruccións.



Parece ser que Ra deixou este xogo porque últimamente non para de chover e quería que lle axudásemos para que lucise o sol no ceo de novo. Para iso, dicíanos que tiñamos que pescar as nubes mais a chuvia e gardala na caixa, mentres que os sois deberíanse por no medio do ximnasio para logo cantar unha canción para chamar ao sol.




Igual as palabras dos pequenos e pequenas teñen moito peso, posto que esta semana luciu un poquiño o sol no ceo 😁.

Deixovos un resumiño en fotos mostrando como a través da temática do clima desenvolvemos contidos como o coñenecento do tempo, coordinación óculo manual, motricidade grosa, etc, do mesmo modo que tamén afondamos nas actitudes de espera, axuda, cooperación, comunicación e diálogo entre outras moitas!

Espero que vos guste tanto como a elas e eles!






Comentarios

Entradas populares de este blog

Xeo

Espazo do tempo (taboleiro atmosférico)

A lenda do arco da vella