Para animarvos a participar no FOTOMETEORO!
Temos a sorte de contar cunha "colaboradora" na outra punta de Galicia , no sur da nosa Comunidade, concretamente na localidade de Laza(Ourense). Ela facilitounos unha imaxe do pasado domingo 12 de xaneiro onde se pode apreciar unha tremenda xeada nesta localidade ourensá (rexistrouse -3º de temperatura). Comentamos con nenas e nenos de 2º a diferenza de temperaturas entre as distintas zonas da nosa Comunidade e que ese mesmo día en Sada tamén fixo moito frío , pero non tanto.
A nosa "colaboradora" tamén enviou esta foto a: O Tempo da TVG, onde xa ten enviado moitas e moi interesantes imaxes da nosa climatoloxía. Aquí podedes ver a foto da tremenda xeada publicada en O Tempo da TVG e a orixinal que nos facilitou a súa autora.
Deste xeito pretendemos animar aos nosos alumnos e alumnas a participar nunha posible actividade para este Proxecto e que se denominará FOTOMETEORO: concurso de fotografías de fenómenos atmosféricos.
Comentarios
Publicar un comentario