O vento é o aire en movemento
Nesta última semana recibimos un novo xogo sobre o clima.
Novamente por parte de Ra; neste caso xogamos e descubrimos outro fenómeno
atmosférico, o vento.
Tras estes días de temporal e alertas, vivenciamos o vento,
facendo que éramos nubes soprando.
Así, debíamos levar os diferentes fenómenos
atmosféricos como a chuvia, a tormenta, o furacán, o vento, as gotas de chuvia
e o sol (debuxados nos tapóns) ás súas casas (as cartolinas cos mesmos
fenómenos).
Queredes ver como foi? ás rapazas e rapaces gustoulles moito, mirade!
Como vedes, esta actividade permitiunos xogar de modo individual e en pequeno grupo, do mesmo modo que vivenciamos a sensación e efectos que produce o vento.
Tamén xogamos cos conceptos preto-lonxe, achegando ou afastando os tapóns das cartolinas. Así, fomos quen de controlar o sopro, descubrindo se tiñamos que soprar máis forte ou suave para levar cada fenómeno atmosférico ao seu cartel.
E ata aquí por hoxe. Esperamos seguir tendo máis xogos 😜
Comentarios
Publicar un comentario