Pasatempos meteorolóxicos!

Os nenos/as de 6ºA levamos dúas semanas deseñando diferentes pasatempos relacionados coa meteoroloxía. Cada un de nós elixiu o tipo de pasatempo que quería facer (crucigrama, autodefinido, sopa de letras...); a continuación, plastificamos cada un deles para poder facelos cun rotulador borrable; por último, decidimos recopilar todos e cada un deles nun libro para incluír na nosa biblioteca de aula.
Tamén decidimos deseñar a nosa propia portada para o libro.

Este traballo permitiunos coñecer novas palabras relacionadas co tempo e cos fenómenos meteorolóxicos.













Comentarios

Entradas populares de este blog

Agamógrafo

Xeo

Espazo do tempo (taboleiro atmosférico)