Que sabemos?
Para dar comezo a este proxecto no que xa estamos inmersos, a clase de 2º B empregamos a ferramenta Quizizz, un xogo composto por diferentes preguntas, no noso caso todas elas relacionadas co clima e o tempo, para identificar os coñecementos previos dos que partimos. Deste xeito, organizados en parellas e na aula de informática, puxemos a proba a nosa mente ao ter que atopar só unha resposta válida a cada pregunta, entre as catro posibles.
Puxemos a nosa concentración ao máximo!



Comentarios
Publicar un comentario