O ciclo da auga
O alumnado de 4º A estudou o ciclo da auga en profundidade.
Realizamos distintas experiencias na aula para visualizar este proceso:
Na primeira experiencia creamos un modelo do ciclo da auga cunha bolsa e auga con colorante. Así vimos que, do mesmo xeito que acontece na realidade, o Sol quenta a auga e esta evapórase, posteriormente a auga se condensa e finalmente precipítase.
Na segunda experiencia empregamos unha xerra con auga quente e xeo. Así observamos como unha parte da auga quente se converte en vapor e este, ao contacto co xeo, arrefría e se transforma en gotiñas de auga.
Finalmente algúns alumnos e alumnas animáronse a elaborar maquetas do ciclo da auga empregando materiais de refugallo:
Realizamos distintas experiencias na aula para visualizar este proceso:
Na primeira experiencia creamos un modelo do ciclo da auga cunha bolsa e auga con colorante. Así vimos que, do mesmo xeito que acontece na realidade, o Sol quenta a auga e esta evapórase, posteriormente a auga se condensa e finalmente precipítase.
Na segunda experiencia empregamos unha xerra con auga quente e xeo. Así observamos como unha parte da auga quente se converte en vapor e este, ao contacto co xeo, arrefría e se transforma en gotiñas de auga.
ALBA
NOA E ARIADNA
LU YUAN
MARCELA
XABIER









Comentarios
Publicar un comentario