O vento e a súa forza!

Esta semana seguimos a descubrir o vento e a intensidade do mesmo. Comprobamos que non é igual un día de verán cun de inverno. 

Miramos o día que estaba, analizamos se facía vento, reflexionamos sobre o movemento das follas das árbores, e outros elementos. 

Tras isto, para vivenciar e comprender o vento e a súa forza, empregamos o paracaídas e o noso corpo. Movémolo lento, para simular as brisas suaves, e forto forte, para simular os días de moito vento, como algúns de inverno. Tamén pasamos por debaixo para experimentar a sensación do vento e a súa intensidade.

Divertímonos moito durante toda a sesión. Queredes ver unha demostración? 











Comentarios

Entradas populares de este blog

Xeo

Un arco da vella de boa actitude!

Agamografos ou arte óptico