Fai o mesmo tempo en Sada e en Vigo?

Os nenos/as de 6ºA estivemos a analizar os datos de precipitacións e temperaturas (tanto máximas como mínimas) que nos enviaron do colexio CPR Plurilingüe Barreiro (Vigo).

Ao longo  destes meses imos a facer un intercambio de datos con este centro de Vigo co fin de ver as diferenzas meteorolóxicas que se dan entre a nosa zona (Sada) e Vigo. Todos os meses iremos facendo os respectivos climogramas; finalmente, analizaremos as similitudes e diferenzas entre ambos lugares.

A continuación deixámosvos algunhas fotografías do noso primeiro climograma. Esperamos que vos gusten!









Comentarios

Entradas populares de este blog

Xeo

Un arco da vella de boa actitude!

Agamografos ou arte óptico