Sección do tempo
Fai uns días celebramos a semana da prensa na escola, unha oportunidade perfecta para seguir traballando no noso proxecto, coa idea de fixarnos nas noticias que teñen relación co tempo. Así o fixeron os nenos e nenas de 2ºB. En primeiro lugar botaron un ollo aos periódicos que fomos recollendo nos últimos meses, e repararon naqueles titulares nos que se aludía a feitos que se volveron noticia como consecuencia de diferentes fenómenos atmosféricos. Unha vez seleccionada a noticia, prepararon a súa propia sección do tempo respostando a varias preguntas: Cando, onde e que ocorreu?
Deixámosvos con varias fotos do proceso, a elaboración e o resultado final que plasmamos nun mural:















Comentarios
Publicar un comentario