Semana da prensa e tempo

Co motivo da celebración da Semana da Prensa o alumnado de 6ºA decidiu botar unha ollada ao tempo no xornal. Logo de analizar os datos que aparecen nesta sección, fixemos as seguintes actividades:
  • Primeiro, completamos o mapa de España, cada comunidade co seu símbolo (estado do ceo). Ademais, tamén puxemos neste mapa os datos relativos ao vento. Unha vez realizado esto, fixemos a lenda correspondente ao mapa incluindo todos os símbolos empregados. Deste mesmo xeito, no propio mapa debuxaron os puntos cardinais.
  • A continuación, interpretamos o mapa. Imaxinámonos que eramos homes/mulleres do tempo e redactamos o que diriamos dese mapa. Ademais, traballamos cun concepto: amplitude térmica (seleccionaron un concello/localidade de Galicia e calcularían dita amplitude térmica).
  • Finalmente, tiveron que buscar na sección do tempo ou en noticias relacionadas con esta temática, dúas palabras que descoñeceran e buscar o seu significado empregando un dicionario ou o dicionario online da Real Academia Galega.
Deixámosvos unhas fotografías sobre o traballo que estiveron a realizar estos nenos/as:









































Comentarios

Entradas populares de este blog

Xeo

Un arco da vella de boa actitude!

Agamografos ou arte óptico