Aprendendo refráns
Despois das vacacións de Semana Santa e seguindo neste estado de alarma sanitaria propóñovos unha nova actividade para traballar aspectos como a comprensión, o vocabulario, a expresión escrita...para aprender refráns da nosa cultura popular sobre o tempo e así engadilos o repertorio que estivemos elaborando durante o curso na aula de 2° B.
Completade as oracións coas palabras do recadro e descubriredes un novo refrán.
Para rematar a actividade podedes facer unha ilustración de cada un dos refráns e memorizalos para traballar a expresión oral.

Comentarios
Publicar un comentario