Todo vai saír ben!


As mestras de segundo de primaria, o 23 de marzo, propuxémoslles aos alumn@s, realizar un xogo creativo co lema: TODO VAI SAÍR BEN.
A idea da actividade é que os nen@s realicen un arco da vella co lema "TODO VAI SAÍR BEN", utilizando calquer tipo de material que teñan na casa, como: cores, papeis, pegatinas, escarvadentes, algodón,  macarróns... Ademais podían engadir outros debuxos, para que expresen os seus sentimientos, sexan únicos e os caracterice. 
Trátase dunha manualidade para espertar a creatividade e que utilizarán para colgar ou pegar nas fiestras da casa ou no balcón. É unha iniciativa preciosa para que outros nenos/as, doutras casas, poidan velos e apoiarse mutuamente. 
Se algún día podemos volver á normalidade, levaranos ao colexio e realizaremos un mural, que nos servirá para lembrar, tratar o tema e poderá visualizalos o resto da comunidade educativa.







DESCARGAR

Comentarios

Entradas populares de este blog

Xeo

Un arco da vella de boa actitude!

Agamografos ou arte óptico