Estación meteorolóxica!
Para seguir co proxecto do tempo atmosférico, as mestras de segundo decidimos propoñerlles aos alumn@s crear unha estación meteorolóxica. A opción para realizar esta primeira semana é un muíño de vento. Para iso, precisamos unha palliña ou petisco de madeira de facer a comida, unha chincheta ou parafuso pequeniño, tesoiras, lapis, goma e unha folla de papel. Despois de visualizar un vídeo para axudalos na realización, recortaron un cadrado, decorárono e recortaron sen chegar ata o centro. A continuación, uniron as puntas coa chincheta e a palliña e cubriron con plastilina se sobresae a punta.
Sabemos que fixeron uns muíños chulísimos e aquí deixamos algún exemplo. Moitas grazas nen@s!






Comentarios
Publicar un comentario