Peppa Pig e Ricardo Carballo Calero!
Thunderstom- Treboada
Continuamos a semana en Infantil falando do tempo atmosférico en inglés.
Desta volta, co episodio de Peppa Pig podemos aprender e respasar vocabulario: picnic, cookie, hungry, sound, thunder, thunderstorm, garden, wet, dry, rain, bucket, flash and bang, one, two, three, four, five, muddy puddles. 

Neste episodio, Peppa Pig di" I love thunderstorms, they make muddy puddles!"
En galego poderiamos dicir "Encántenme as treboadas e a choiva patiñeira, e brincar nas charqueiras que se forman!"
Como esta semana celebramos o días das Letras Galegas (17 de maio) e este ano está dedicado a Ricardo Carballo Calero que escribiu sobre as pitas e a chuvia, as nenas e nenos de Infantil poden aprender algo máis do libro no seguinte enlace:
Cantas máis palabras saibamos nas linguas que estamos aprendendo, máis doado será aprender palabras novas!
Teacher Montse

Comentarios
Publicar un comentario