PROXECTO ACLIMÁTATE NA BIBLIOTECA ESCOLAR

No marco do proxecto Aclimátate! (MeteoEscolas) creouse un recuncho na biblioteca do noso centro educativo dedicado a obras relacionadas co clima e a meteoroloxía.





Para incentivar o uso do recuncho Aclimátate!, entregóuselle a cada alumno/a un parte meteorolóxico que se cuñaba cada vez que levaban prestado e devolvían un libro deste espazo. 

Aqueles nenos/as que completasen o seu parte meteorolóxico, participarían no sorteo duns libros ao final do curso. Este sorteo non se puido realizar debido á suspensión das clases presencias.


O produto final do noso proxecto era un mural que quedou sen rematar. Nel reflexamos o que sabíamos sobre o clima e a meteoroloxía antes de comezar o curso (nos soles), tamén plasmamos que queríamos saber (nas nubes), pero quedou sen facer a parte na que explicábamos o que aprendemos ao longo deste curso sobre o tempo atmosférico. Unha mágoa! Realmente aprendemos moitas cousas que estábamos desexando compartir convosco.








Comentarios

Entradas populares de este blog

Xeo

Agamografos ou arte óptico

Clima e ecosistemas