UNHA MENSAXE MOI ESPECIAL!


Os cambios de clima (vento, chuvia, néboa, temperatura,…)  nas diferentes épocas do ano, dan lugar ás estacións: a primavera, o verán, o outono e o inverno.

Co alumnado de 2º E.P. fixemos actividades do outono e do inverno; e co confinamento chegou a primavera, e por que non facer algo especial!
Pode que sexa unha primavera diferente, pero pronto volveremos a gozar da luz do sol, do canto dos paxaros, das fermosas paisaxes que nos rodean, pero sobre todo da persoas que tanto queremos e botamos de menos.

A nosa proposta para estes días é que elabores unha “tarxeta primaveral cunha mensaxe especial”. Pode ir dirixida a quen ti queiras: para os pais, os irmáns, os avós, os tíos, os curmáns, os amigos, os compañeiros, os veciños,…

Necesitas medio folio ou cartolina; na parte central escribes a mensaxe e repásala con rotulador negro, para que se vexa ben. Despois a debuxar e decorar a tarxeta primaveral como mais che guste.

Esta primeira tarxeta é para vosoutros, con todo o noso cariño.


                                 


Preciosas tarxetas as do alumnado!




Comentarios

Entradas populares de este blog

Xeo

Un arco da vella de boa actitude!

Agamografos ou arte óptico