14. CONCIENCIACIÓN SOBRE O CAMBIO CLIMÁTICO A TRAVÉS DA ELABORACIÓN DUN MURAL NO DÍA DO MEDIO AMBIENTE

14. CONCIENCIACIÓN SOBRE O CAMBIO CLIMÁTICO A TRAVÉS DA ELABORACIÓN DUN MURAL NO DÍA DO MEDIO AMBIENTE (5 DE XUÑO)

Co motivo da celebración o día 5 de xuño do Día Mundial do Medio Ambiente, propuxen que os nenos e nenas elaborasen coas súas familias un mural o debuxo sobre o coidado do medio ambiente e sobre o cambio climático.
Pero antes desta actividade recordamos ó alumnado o importante que é coidar i edio ambiente e manter a terra e o mar limpos e coidados.
Ademáis, tamén introducimos ós nenos e nenas no que significa o cambio climático cunha sinxela explicación:
"Estamos contaminando o noso planeta Terra con todo o fume que producimos os humanos, sobre todo os medios de transporte que utilizamos e as fábricas. Ademáis, este fume fai que suban as temperaturas e que no Polo Norte, ese lugar de xeo onde vive Papa Noel, os osos polares, as focas e outros animais... se esté desconxelando, é dicir, o xeo estase convertindo en auga. Todos estes animais que viven no xeo, xa non terán onde construir as súas casas e poder vivir, porque todo o Polo Norte será auga se non comezamos a coidar o medio ambiente e contaminar menos.
Ensinamos ós nenos e nenas como o xeo coa calor se convirte en auga, metendo un xeo nun recipiente fondo e dándolle calor cun secador de pelo.
A continuación seguimos coa explicación e lles contamos que, este xeo do Polo Norte convertido en auga fai crecer o nivel do mar, chegando ata nós e pode chegar a inundar as nosas rúas e casas, facendo que estas tamén desaparezan."
Despois da explicación viron o vídeo sobre o desxeo neste enlace https://www.sostenibilidad.com/cambio-climatico/deshielo-polo-norte/


Comentarios

Entradas populares de este blog

Agamógrafo

Xeo

Espazo do tempo (taboleiro atmosférico)