“Que tempo vai en.....?”
Este sinxelo traballo de investigación e concienciación fixérono os alumnos de 5B nas súas casas.
O obxectivo é que mediante dúas actividades os alumnos se informen do tipo de clima xunto coas súas características dun lugar elixido por eles así como do tempo metereolóxico en tres dias consecutivos. Aprovéitase tamén para ubicar ese lugar no mapa e comentar diferentes datos sobre esa vila, cidade ou província.
Por último, recordamos brevemente o que xa temos comentado durante o curso respecto ó cambio climático.
A continuación están as pautas de cada actividade e un exemplo.
ACTIVIDADE 1:
“Busco información e analizo o tempo de……….”
Escolle un sitio de España: Pode ser unha vila, cidade, comarca, provincia.. O que ti queiras.
Realiza con ese lugar as seguintes actividades:
1. Debuxa un mapa de España en tamaño pequeno sin calcar e colorea ou indica nél o lugar que escolliches
2. Comenta brevemente onde está ubicado ese lugar e algunha información ou característica que consideres: como cantos habitantes ten, algún monumento, curiosidades, etc. Despois comenta a qué tipo de clima pertence e escribe brevemente as características de ese tipo de clima( tes información para elo na páxinas 32, 33, 34 e 35 do libro ). Na 35 tes o mapa da península cos diferentes climas sinalados por cores.
3. Durante tres dias consecutivos desta semana infórmate do tempo que vai no lugar que escolliches en cada un deses días ( si chove, si vai calor.. ) e anótao e coméntao brevemente na libreta. Anota tamén a temperatura media de cada día ( recorda que a temperatura media consíguese sumando a máxima e a mínima e o resultado divídelo entre 2 ) .
4. Cando teñas a temperatura media de cada día, sumas as tres, e o resultado divídelo entre 3 ( para calcular a temperatura media dos tres dias que escolliches).
Anota as informacións no caderno.
ACTIVIDADE 2:
CAMBIO CLIMÁTICO
Comenta brevemente qué é o cambio climático, as causas e as consecuencias e cómo podemos facer nós para frenalo.
Fai algún debuxo ilustrativo sobre elo.
O obxectivo é que mediante dúas actividades os alumnos se informen do tipo de clima xunto coas súas características dun lugar elixido por eles así como do tempo metereolóxico en tres dias consecutivos. Aprovéitase tamén para ubicar ese lugar no mapa e comentar diferentes datos sobre esa vila, cidade ou província.
Por último, recordamos brevemente o que xa temos comentado durante o curso respecto ó cambio climático.
A continuación están as pautas de cada actividade e un exemplo.
ACTIVIDADE 1:
“Busco información e analizo o tempo de……….”
Escolle un sitio de España: Pode ser unha vila, cidade, comarca, provincia.. O que ti queiras.
Realiza con ese lugar as seguintes actividades:
1. Debuxa un mapa de España en tamaño pequeno sin calcar e colorea ou indica nél o lugar que escolliches
2. Comenta brevemente onde está ubicado ese lugar e algunha información ou característica que consideres: como cantos habitantes ten, algún monumento, curiosidades, etc. Despois comenta a qué tipo de clima pertence e escribe brevemente as características de ese tipo de clima( tes información para elo na páxinas 32, 33, 34 e 35 do libro ). Na 35 tes o mapa da península cos diferentes climas sinalados por cores.
4. Cando teñas a temperatura media de cada día, sumas as tres, e o resultado divídelo entre 3 ( para calcular a temperatura media dos tres dias que escolliches).
Anota as informacións no caderno.
ACTIVIDADE 2:
CAMBIO CLIMÁTICO
Comenta brevemente qué é o cambio climático, as causas e as consecuencias e cómo podemos facer nós para frenalo.
Fai algún debuxo ilustrativo sobre elo.
Comentarios
Publicar un comentario