Nesta bitácora compartiremos todo o que o alumando do CEIP Pedro Barrié de la Maza descubra sobre o tempo atmosférico e o clima ao longo deste curso 2019/2020.
Convidámosvos a seguirnos nesta aventura!
No segundo trimestre os nen@s de 4º A y B traballaron o vocabulario relacionado cos diferentes fenómenos meteorolóxicos. Practicamos a pregunta e resposta:
What's the weather like?
It's-------.
Cada nen@ elaborou uns debuxos (flashcard) practicando o novo vocabulario para elaborar un mural do tempo.
¡¡ Mirade que bonito!!
Tamén aprendimos unha canción sobre o arco de vella: Rainbow. Con esta canción repasamos de novo as cores en inglés.
Bos días rapaces e rapazas! Esta vez, e para rematar o curso, propoño unha actividade de experimentación coa auga. Trátase de buscar obxectos pequenos (flores, botóns, pedras...) e metelas en cubiteiras de xeo (vasiños, botellas, ou que teñades por ahí). Despois poñedes auga nas cubiteiras e as metedes no conxelador. Debemos esperar até que a auga pase de líquida a sólida (é dicir, sea un cubiño de xeo). A continuación temos varias formas de xogo: 1. Xogar a desfacer o xeo de diversas formas (dándolle calor, dándolle golpeciños, etc.). 2. Xogar con máis persoas a ver quen é o primeiro/a que descubre o tesouro que conteñe. Espero que vos guste moito. Unha aperta enorme!
As mestras de segundo de primaria, o 30 de marzo, propuxémoslles aos alumn@s, realizar masa de sal. Os ingredientes a utilizar son: sal, auga, fariña e colorante. Unha vez amasada, tiñan que deixala reposar e secar. Despois, a idea da actividade é que os nen@s pasen un tempo entretidos coas familias e deixen voar a súa creatividade realizando distintas figuras. Por último, fornear un ratiño. Para seguir co tema do proxecto deste ano, démoslles a idea de realizar un arco da vella, que represente a actitude positiva desta época pola que estamos pasando. Ademais podedes facer figuras como: lóstregos, nubes, chuvia, neve...
O paso dunha estación a outra pode observarse no entorno: como lle afecta ás plantas, á nosa forma de vestir, ao estado do ceo... No primeiro trimestre o alumnado de 4º A elaborou agamografos que permitían, xogando coa posición do observador, visualizar os cambios na paisaxe como consecuencia do paso do verán ao outono. En marzo tiñamos pensado facer a mesma actividade para representar o paso do inverno á primavera, pero debido a suspensión das clases presencias resultou imposible.
Comentarios
Publicar un comentario