Nesta última semana recibimos un novo xogo sobre o clima. Novamente por parte de Ra; neste caso xogamos e descubrimos outro fenómeno atmosférico, o vento . Tras estes días de temporal e alertas, vivenciamos o vento, facendo que éramos nubes soprando. Así, debíamos levar os diferentes fenómenos atmosféricos como a chuvia, a tormenta, o furacán, o vento, as gotas de chuvia e o sol (debuxados nos tapóns) ás súas casas (as cartolinas cos mesmos fenómenos). Queredes ver como foi? ás rapazas e rapaces gustoulles moito, mirade! Como vedes, esta actividade permitiunos xogar de modo individual e en pequeno grupo, do mesmo modo que vivenciamos a sensación e efectos que produce o vento. Tamén xogamos cos conceptos preto-lonxe, achegando ou afastando os tapóns das cartolinas. Así, fomos quen de controlar o sopro, descubrindo se tiñamos que soprar máis forte ou suave para levar cada fenómeno atmosférico ao se...